Pois sí parece que esta bitácora só colle vida cando se acerca pouco a pouco a festa patronal da nosa aldea, si xa, ainda queda unha tiradiña, pero lembra que o tempo pasa rápido e a menos que nos demos conta xa estamos en ela.
Non ha moito tardar procederase a listar os compoñentes da asociación de festas de este ano. (Esperamos que sexan benevolentes nas cuantías das cuotas a pagar…).
Tamén se subiran fotografías de por onde vai pasar a autovía Santigo-Lugo que afecta a nosa aldea de ‘esguello’ dado que colle terreos en Vilamoure.
