As festas patronais celébranse no mes de Xullo, na honra a Santiago Apóstol. Normalmente son tres días, celebrándose o terceiro día unha churrascada e a xá tradicional carreira de segadoras.
Da organización das festas encárganse os veciños , tocándolle cada ano a unha aldea diferente.
FESTAS 2007
Este ano a comisión de festas está formada por veciños da aldea de Castro Alfonsín, sendo ramistas:
- Alberto Fdez Fagilde (casa de Berto de Castro)
- Jesús Castro López (casa de Suso da Casa de Baixo)
- Javier Freitas López (casa de Montserrat)
PROGRAMA DAS FESTAS
DÍA 25: misa solemne ás 13.30, sesión vermuth e verbena a cargo da Orquesta Nova Moda. Na verbena, durante o descanso da orquesta, actuará un coñecido mago Lucense.
DÍA 26: misa solemne ás 13.30, sesión vermuth e verbena a cargo da Orquesta Pacífico.
DÍA 27 : pola tarde terá lugar a carreira das segadoras e a continuación poñerémoslle fin á festa coa churrascada. Despois de cear actuará a orquesta Acordes.
**————————————————————————-**
Acabaron as festas, ¡¡unha magoa!! foron tres dias de xoldra e diversión, de risas e gargalladas pero tamén de traballo xa que hai que ter todo listo para cando xegan os invitados; agora toca voltar a normalidade e recuperarse dos atracóns e das resacas.
Dende logo dar as gracias aos ramistas de estea ano, Suso,Javier e Alberto porque dende logo fixerón un traballo barbaro!!
En breve estarán colgadas da web de -flirck- as fotográfias da carreira de segadoras como do resto da festa.
Por certo a clasificación da -Carreira de Segadoras- de este ano (2007) foi::
Primeiro posto:: Alberto Fagilde
Seguno posto:: Javier Freitas
Terceiro posto:: Antonio Somoza
Houbo premio de honor para ‘Luis de Ramon’ por ser o máis veterano corredor en dita carreira, e mención especial para Antonina Begide que foi a única muller que se atreveu a participar na competición.
O dito tres dias frenéticos de diversión!!!!
