• Home
  • Como chegar á aldea
  • En festas!!!
  • Novas
  • Sobre a aldea

Unha bitácora para unha aldea

-Santiago de Saa-Lugo-

Feeds:
Posts
Comments

Sobre a aldea

Santiago de Saá esta composto por dez aldeas::

  • Vilamoure
  • A raña
  • Galegos
  • Saa de baixo
  • Outeiro
  • Barreiro
  • Faxilde
  • Cuiña
  • Castro Alfonsín
  • Saa

Tamen posúe dous rios: o do ‘Carballo torto’ que nace nas propias terras da parroquía na aldea de Barreiro cruzando a estrada de Portomarín,é un rio pequeno e moi troiteiro. Por Saá pasa o ‘Cerdeiriño’ que nace na aldea de Monte de Meda, este Cerdereiriño troca o seu nome o pasar por Saa pasando a denominarse ‘rio de vilamoure’.

Asi mesmo consta con cinco muiños e sete fontes, os muiños son coñecidos como:

  • Muiño de Potente
  • Muiño do Soñaro
  • Muiño de Faxilde
  • Muiño da Serra
  • Muiño de San Antonio (do peto)

E as fontes son::

  • A fonte de Faxilde (Faxilde)
  • A fonte de Vilamoure (Vilamoure)
  • A fonte de Agustin (Castro Alfonsín)
  • A fonte da Raña (A raña)
  • A fonte de Xul (Saá)
  • A fonte do Caño (Saá)

En Saá tamen hai un lavadero usado pola xente do pobo en tempos pasados, hoxe un pouco olvidado; hai outro lavadero en Faxilde neste caso é un lavadero aberto sen cubrir, e por ultimo existe outro lavadero na Raña afectado pola ultima reforma da estrada de Portomarín quizais sexa este o que máis actividade ten dado a súa posición.

A iglesia parroquial, situada na aldea de Saá, data do século XVI-XVII (ano 1600). Recientemente foi restaurada coa aportación económica de tódolos veciños e outros organismos públicos. Asimesmo adquiríronse os terreos da antiga casa rectoral para a construcción do campo da festa e para a ampliación do cementerio.

LÍMITES PARROQUIAIS

Ó norte San Pedro de Soñar e Santalla de Esperante, ó sur San Xoan do Campo e Constante; ó este Santa Marta de Fixós e polo oeste San Remixio de Bazar.

SANTIAGO DE SAA EN IMAXES

Para ver a nosa aldea en imaxes pica aquí, e obteras un listado das imaxes tomadas en distintas epocas do ano e en diferentes puntos da mesma.

Comments Off

  •  

    November 2009
    M T W T F S S
    « May    
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
  • Visitas

    Geo Visitors Map
  • Meta

    • Log in
    • Entries RSS
    • Comments RSS
    • WordPress.com
  • En fotos...

    Baixando pola estrad e Cuiña a Saá

    More Photos

Blog at WordPress.com.

Theme: Mistylook by Sadish.